Porque o “clickbait” xa fede…

... e moito. Ao mellor algúns de vós non coñecedes o concepto, pero sodes víctimas DIARIAMENTE do mesmo. O "clickbait" é unha técnica para gañar visitas a sitios web que consiste en empregar contidos sensacionalistas para enganar ao lector e conseguir que faga clic na...

Redes sociais e política. quen “gana”?

A radio en verán é unha delicia. Cando recortan da programación a radio deportiva, florecen os formatos radiofónicos innovadores, reflexivos, madurados e mesmo aqueles máis gamberros. É un tempo estupendo... excepto para o xornalismo. Supoño que as...

O meu concello pásase ao .gal

Dende onte, e "coincidindo co día das letras galegas e o día de internet" (vaia casualidade, va que si 😉 o concello de Castrelo do Val ten nova web e pásase ao dominio .gal. A anterior web foi, posiblemente, un dos meus primeiros proxectos "serios", aló polo ano...

Imaxínao por un momento

Imaxina que, ao longo da túa vida, tes unha canción favorita. Imaxina que entre todas esas cancións favoritas, hai unha especial, a que é a canción da túa vida. Imaxina que, cando descubriches esa canción, ESA canción; o grupo que a tocaba xa pasara a mellor vida....

Vento Ferido, a web

O pasado domingo 24 de xaneiro estrenouse en Ourense a serie Vento Ferido, un proxecto elaborado por alumnos e alumnas de 4º de Comunicación Audiovisual rodado íntegramente en Celanova, baixo a produción executiva de Paulino Pérez Feijóo. Aproveitando a ocasión e a...

Ano novo, proxectos novos

Este ano os reis deixáronme un novo proxecto. Ben, en realidade, trátase dun vello proxecto, deses que un axuda a parir. Diso xa fai tempo, foi polo 2013. Volvo a Xente Dixital. Volvo ao blog da Amtega para o fomento da tecnoloxía entre todos os sectores da poboación...

#onosoderbi en tuíter

Estes días vin unha das novas máis estúpidas que atopei sobre investigación en redes sociais. Las palabras más tuiteadas por los candidatos a la presidencia (by Verne) Os datos veñen de Kantar, pero a interpretación, que brilla pola súa ausencia... pois iso. Así que...

GOOGLE SABE COUSAS (demasiadas)

Róubolle o titular ao estimado Madeira de Uz (Gerardo) para facer unha pequena reflexión sobre Google e por qué é unha empresa á que temer. Por suposto, son usuario do seu correo electrónico (dende 2006), e de boa parte dos seus servizos, simplemente quero amosar o...

Por que adoro facebook?

Polos memes, así de simple. Dende hai unha tempada o uso de Facebook está a disminuir entre a xente do meu segmento. Entre os adolescentes, que (entre outras cousas) queren máis privacidade, xa hai anos que o uso descende. É lóxico, a progresión no número de contas -...

Por que deberías empregar un monitor en posición vertical

Seguro que moitos de vós traballades con dúas pantallas nas vosas casas. Se non o facedes, non deberíades seguir lendo. Facédevos cun segundo monitor e comprobade como aumenta a vosa procastinación produtividade. En serio, de segunda man hai opcións excelentes para...

“aos adultos gústanlle os números”

Levo tanto tempo sen escribir no blog que podería declaralo oficialmente morto. Por iso me dá tanta carraxe compartir esta publicación. Tampouco é que teña nada especialmente relevante que contar; últimamente a miña vida móvese entre papers, libros e ideas que,...

Razóns para ler “Ready Player One”

A cada ano que pasa, as lecturas que fago por pracer disminúen. Teño probado de todo; un rincón de lectura cunha boa cadeira, un libro electrónico con luz, autoobrigas de ler un libro ao mes… pero, ao final, acaban sendo imposicións internas que me provocan máis...

Resultados electorais 2015 na comarca de Monterrei, unha reflexión

As eleccións municipais do 24 de maio marcarán, posiblemente, un cambio de tendencia en clave nacional, pero en clave local a lectura é moi diferente. Velaquí un pequeno e humilde repaso á situación dos concellos da miña comarca, a comarca de Monterrei. Os comentarios...

Categorías