Acerca de min

Doutor en Comunicación pola Universidade de Vigo (2016) desenvolve a súa traxectoria profesional no eido da comunicación en liña e o marketing dixital.

Logo dos seus inicios laborais no eido da comunicación en medios de comunicación tradicional, formado parte do equipo de produción de varios programas de televisión e radio, dende 2009 adícase como freelance á xestión de comunicación en liña; principalmente en contidos web e plataformas de xestión de redes sociais.

Actualmente tamén é profesor asociado no departamento X14 “Comunicación Audiovisual e Publicidade” da Universidade de Vigo, onde imparte materias relacionadas coas aplicacións móbiles (grao en Comunicación Audiovisual), comunicación alternativa e marketing online (grao en Publicidade e Relacións Públicas).

As súas áreas de investigación, xunto ás de traballo, céntranse na comunicación en liña e en mobilidade, os novos formatos publicitarios e as comunidades virtuais.