A partires de agora, os mércores estarei nos micrófonos de Voces de Compostela (RadioVoz) con Alberto González.

Esta sección supón o meu regreso á radio, onde comecei a andadura no mundo profesional… aló polo 2006. Un pracer voltar ao mundo das ondas, e falando sobre o que a min máis me gusta!

“Zona Wifi” é un espazo onde falar sobre tecnoloxía, redes sociais… “Lo Interné”, grosso modo!.

Velaquí o programa de hoxe, sobre seguridade nos dispositivos móbiles. Escoita “Zona Wifi” aquí

09/13 11:00h Seguridade nos dispositivos tecnolóxicos.

  • Que é o ramsomware. Como evitalo
  • Consellos para mellorar a seguridade
  • E nos trebellos móbiles?
  • Conceptos interesantes
  • Outras medidas de seguridade
  • Webs interesantes (para finalizar) 

A recomendación da semana é a web https://haveibeenpwned.com/ que permite saber se os nosos datos se viron comprometidos

 

Podes escoitarnos en directo os mércores ás 11:00h, no 106.1 FM do teu dial.

Tamén podes escoitar o programa completo no podcast que se actualiza todos os días en http://www.radiovoz.com/archivo/68/vocesdecompostela/

E se queres que falemos dalgún tema concreto… pois xa sabes como pedirmo, non?