Se aínda non o fas, debería comezar a facelo. Falo de segmentar contidos na rede social Facebook. Non por chegar a máis xente, senón por conectar coas persoas axeitadas (que é do que se trata; de conectar con persoas)

A segmentación de público en Facebook

é moi efectiva. A fin de contas… esta ferramenta ten moitísimos datos nosos. Tanto os que lle entregamos voluntariamente coma os que se deducen das nosas publicacións e interaccións nesta plataforma.

O máis importante sempre será ter unha boa acotación do público ao que nos queremos dirixir. Sabendo cómo é ese público, en Facebook podemos facer unha segmentación demográfica para limitar quen pode ver a publicación (aínda que entre na páxina), inclúndo os seguintes parámetros:

– Idade: comprendida en tramos anuais entre os 13 e os 64 anos. A partires dos 65 anos é un so tramo de idade. 13 anos é a idade mínima para ter conta legal en Facebook, a partires dos 65 é unha segmentación difusa que nos vindeiros anos (a medida que os usuarios dixitais avancen na idade) irase concretando máis.

– Sexo: podes escoller en torno a publicacións dirixitas a homes, mulleres ou ámbolos dous sexos.

– Idioma: esta opción déixase en branco para a lingua habitual que se emprega, e sinálanse idiomas que non se teñen empregado con asiduidade. Pode ser útil para informar a un segmento minoritario que emprega outra lingua (información para estranxeiros, por exemplo). A lingua que se toma como referencia é da configuración do Facebook de cada usuario.

Outro parámetro que podemos empregar é a acotación xeográfica, de maneira que a publicación se amose so a usuarios relacionados cunha determinada ubicación. Este tipo de segmentación é deliciosamente interesante!

Podemos seleccionar lugares como: estados concretos, rexións, cidades ou lugares. Os rexistros son moi grandes. Ata podo segmentar as publicacións para os residentes no pobo de meus pais! Con todo, seica non está dispoñible para todos os países

A maiores, podemos establecer un radio de segmentación xeográfica acorde coa ubicación, que oscila entre os 17km (mínimo) ata os 80km (máximo).

Tamén podemos incluír varios lugares diferentes. Descoñezo o límite de localizacións que podemos incluír… persoalmente teño empregado máis de 10 localizacións diferentes.

Outra vantaxe da segmentación por ubicación é a posibilidade de excluír localizacións. Por exemplo, podemos incluír “Pontevedra” e un radio de 80 quilómetros, pero excluír á cidade de Vigo

Se vos fixades na parte de abaixo da segmentación figurará unha estimación do alcance da publicación (unha cifra que nunca acadaredes salvo que paguedes por promocionar ese contido”)

A segmentación da sección de novas

refírese á quen pode ver a publicación nesa sección (ou no noso muro, que é como habitualmente consumimos contidos nesta rede social)

A segmentación xeográfica non é tan meticulosa (non podemos excluír ubicacións) pero, pola contra, a segmentación sociodemográfica é maior, podendo escoller filtros relacionados con intereses, situación fundamental e nivel de formación académica.

Por certo, so para páxinas… é o que teñen este tipo de funcionalidades avanzadas, que a nivel usuario non podemos xogar con elas!