Esto é o que non che din de ter un bebé, é dicir “como fago agora para que sexa unha persoa civil neste país”, así que, para tratar de axudarche (se te atopas na situación, se te atoparás na situación ou se coñeces a alguén a quen lle poida axudar) aquí vai unha pequena guía:

1.- Recolle os impresos que che dan no hospital. Lembra, moi importante, que o informe médico de maternidade debe estar asinado pola matrona!

2.- Rexistro Civil, convírteo/a nun/ha cidadá/n. Podes facelo a través da asistenta social no hospital ou achegarte presencialmente ao rexistro civil. Mellor é que vaias ao rexistro, os trámites telemáticos da asistenta social poden tardar varios días en verse reflictidos (no meu caso, foron CATRO días). Para esto precisas:

  • DNI do pai e da Nai
  • Informe hospitalario
  • Libro de Familia orixinal (pois claro, cubrirán unha nova folla do libro. Se non o tes, correndiño ao concello onde casaches! 😉 )

3.- Baixa por maternidade. Dacha o médico de cabeceira (cita previa, xa sabedes) sempre e cando levedes

  • DNI da nai
  • Informe hospitalario

4.- Padrón municipal. Sen o rexistro civil non podes facer absolutamente nada, así que agora vai a ir todo de corrido. O primeiro é empadroar ao pequeno ou pequena no teu concello. Lembra que se os pais teñen domicilios diferentes, o que non está empadroado no mesmo domicilio ten que autorizar ao outro proxenitor/a). Lembra levar:

  • DNI dos proxenitores
  • Libro de familia

Aprovaita tamén e pide varios volantes de empadroamento, faranche falta para seguridade social, gardería, policía (se queres facerlle DNI)

5.- Certificados de empresa. Deben tramitalos na empresa de cada proxenitor. Se podes, fai este trámite de maneira telefónica chamando a cada empresa, e solicita que xeneren o certificado de empresa de xeito telemático. Para que o fagan pre precisarán

  • Libro de Familia
  • DNI
  • Baixa por maternidade (no caso da nai, obviamente!)

6.- Seguridade Social. Dá de alta ao neno.

Este trámite é indispensable para que poida ter atención médica. Debes meter ao pequecho ou pequecha na cartilla de saúde dun dos dous proxenitores. Lembra que non atenden sen cita previa (pídea aquí). Para iso precisas

  • DNI do proxenitor/a
  • Libro de Familia
  • Certificado de empadroamento

Xa se pode facer de maneira telemática aquí. E pide un certificado de estar incluído na seguridade social, pode facerche falta para a gardería e para solicitar pediatra!

7.- Seguridade Social. Prestacións por permiso de maternidade / paternidade. Incomprensiblemente, esto debe tramitalo a familia e non a empresa. Os días que corresponden pode dereito varían por convenio (infórmate), pero terás que tramitalo ti. Para iso precisas:

  • DNI dos proxenitores
  • Libro de Familia
  • Certificado de empresa de cada proxenitor (se cho fan electrónico, xa o terán no ordenador da oficina)
  • Certificado maternidade (so da nai… por motivos!)
  • Certificado de empadroamento ¿? (a veces non o piden)
  • Formulario DEBIDAMENTE CUBERTO ANTES DE CHEGAR Á OFICINA

Lembra que podes escoller o tipo de retención. Se a pos moi baixa, para o ano na declaración de Hacienda tocará pagar, probablemente. Ah, e lembra a cita previa

8. Pediatra e tarxeta sanitaria. Solicítase presencialmente no centro médico. Xa que estás, pide a revisión dos 15 días, do 1º mes e do 2º mes. E aforras xestións posteriores! Precisas

  • DNI dos proxenitores
  • Libro de familia ¿? nalgún caso foi requirido…
  • Informe de alta como beneficiario na Seguridade Social

 

BONUS TRACK

9.- Deducción por maternidade (Estatal). É opcional, e serve para que durante o primeiro ano de vida do bebé Hacienda que faga unha dedución de 1200€, que podes solicitar en forma de ingreso mensual de 100€.

Insisto, non é obrigatoria, pero se queres… aquí tes o formulario para pedila (con certificado dixital, sen saír de casa)

10.- Tarxeta PAN (Autonómico, XUNTA). Esta tarxeta inclúe 100€ ao mes durante o primeiro ano do bebé para gastar en establecementos adheridos. Tramítaa aquí

E creo que non esquezo máis! Ogallá sexa útil para os pais… que son quen deben encargarse destas cousas! Se credes que deixei algo polo camiño (que é unha carreira de fondo… pois deixádemo nun comentario e irei perfeccionando esta guía burocrática para ser papás e mamás 🙂

Clef two-factor authentication