A propósito dunha conversa de coche, este artigo é unha homenaxe á adolescencia dos anos 90. Non a boto de menos, pero é preciso ensalzar o nome musical de persoas e grupos que pasaron sen pena nin gloria, aínda que a súa música continúe a ser unha perfecta máquina do tempo que nos leva aos momentos do tratado de Maastrich, da ruta do Bakalao, do “vayase señor González” ou a utilización de teclas no mando da televisión que nunca tiveran asignada ningunha canle.

Un dos movementos musicais noventeiros en auxe foron os recopilatorios. Se escribo

“Escucha bien la historia
Que te voy a contar
La historia de este disco
Que es el MÁQUINA TOTAL”

non so seríades capaces de entonar os versos, senón que incluso seríades capaces de escoitar as cancións que mesturaban (e se non es capaz de escoitala, A QUE ESPERAS!)

Megamix

Os recopilatorios incluían temas populares do momento (normalmente do verán, pero non tiña por que) e abrían cunha mezcla moi potente do mellor do disco. Hoxe o “megamix”  ou “long mix” sería considerado un spoiler, aínda que este tipo de composición creou unha forte escola, non so entre DJs, senón entre os músicos amateur. Os mashups (unha recomendación deste estilo: Robin Skouteris) que teñen tanta forza hoxe en día, por exemplo, beben moito deste tipo de composición musical que xurdiu hai xa varias décadas.

Velaquí algúns dos memamix que crearon  escola

Sonic mix megamix

Maquina total 8 megamix

Blanco y negro mix megamix

Rambo Total Megamix

Con todo, o xénero tamén dexenerou… desculpen vostedes se se ofenden, pero o “Currupipi Mix” daba certa vergoña allea.

Normalmente este tipo de recopilatorios bebían de versións de éxitos do momento, se posible introducindo unha base dance para facelas máis “atractivas”. Supoño que os “covers” non pagaban os altos royalties musicais das versións orixinais, mais o resultado, moi efectista nos 90, non deixa de ser curioso hoxe en día. Non me credes? Pois escoitade a Laura Pausini sobre unha base dance (cortesía de Fun 4 me).

Os grandes protagonistas na sombra da música dos anos ’90

Con este comentario chego ao núcleo duro deste artigo, os músicos e músicas non recoñecidos, os e as intérpretes que quedaron agochados baixo a canción (raras veces o ou a artista) que versionaban, e que ben merecen unha pequena homenaxe. Velaquí vai algún nome

Just Luis

Creou a mellor versión dance de American Pie. É difícil tocar o tema de Don McLean e facer algo digno, pero… non sei, se teño que escoller entre a versión de Madonna e a de Just Luis… sen dúbida, a deste xenio non recoñecido.

Por certo, tivo máis cancións, como The Faith, The number one ou Heartache

Outros dos protagonistas deste artigo son os grupo de “Eurodance” que, sen saberse reconverter, caíron no esquecemento, e so os lembramos para botar unhas riras á conta desa década ominosa que foi – no cultural – o período entre 1990 e o 2000.

Brothers on the 4th Floor

Come take my hand, Dreams,  Fly… podería adicarlle un post so a este grupo. O seu éxito quedará no século XX, pero o que bailamos coas súas cancións a algúns pasaranos factura dentro doutras tantas décadas.

Na mesma liña deste grupo, se queredes seguir escointando cousas, tedes a Double Vision, por exemplo.

Quedan fora desta lista, mais non por desmerecelo, grandes grupos como Infectious (sabíades que I need your loving (like de sunshine) tivo version dance) ou cantantes como KU Minerva (en serio? Non coñeces “Estoy llorando por ti”). O Techno, por moito que leve os nomes de Chimo Bayo ou Pastis a& Buenri, débelle o que é entre o seu segmento de seareiros a xente como Kike Boy ou Alex Gacía Ver (“coke, cocke, cherry coke”)

E, de regalo, o ScatMan

Amigos e amigas, os noventa non so foron a panacea do grunge e o rock, senón da  música DANCE.

PD: TODAS as ligazóns van a unha canción ou vídeo desa década, ou deste estilo. Garda este artigo para cando poidas escoitalo, e xa me darás a túa opinión.

Clef two-factor authentication