… e tampouco é que sexa especialmente interesante.

Non vou a propoñer escribir alomenos unha vez ao mes, porque nin sequera iso vou a ser capaz de cumprir. Intúo, ademais, que este ano terei menos tempo para actualizar o blog: os proxectos presentes e os cambios futuros axudan a converterme nun “lurker” e cada vez máis consumidor (e menos prosumidor) de contidos.

Con todo, aínda que cambiei o template da web (e está sen afinar: Divi leva un tempo de adaptación pese ao marabillosamente sinxelo de fedellar con el) incluín unha nova sección na web, adicada á investigación académica.

Agora que xa son doutor (permitídeme a autofelación, so os que pasan por esa travesía saben o duro que se fai), xa vai sendo hora de ir pensando noutro tipo de investigacións. Twitter sempre estará no meu corazón, e a comunicación política na miña cabeza, pero diversificar é bo, e colaborar… mellor!

Agora, un minuto de silencio polos caídos en combate en 2016

A orde cronolóxica inversa en Instagram. Tamén en Twitter, pero sobre todo en Instagram

A morte da privacidade, logo de que o FBI puidese desbloquear (con axuda?) o iPhone de San Bernardino

Vine (eliminado pola súa empresa creadora, Twitter) e Pebble (mercado e discontinuado por FitBit)

O conecto minijack (polo menos no iPhone)

 

Un especial momento de silencio pola morte de Google Reader, asasinado vilmente por Google o 1 de xullo de 2013

Clef two-factor authentication