A radio en verán é unha delicia. Cando recortan da programación a radio deportiva, florecen os formatos radiofónicos innovadores, reflexivos, madurados e mesmo aqueles máis gamberros.

É un tempo estupendo… excepto para o xornalismo. Supoño que as desaparicións estivais por vacacións e a baixa intensidade da actualidade acaban sendo un freo para os programas de actualidade informativa.

Sen embargo iso non xustifica que se teñan que cubrir os espazos con información de baixa calidade.

O 25 de xullo asistín con certa perplexidade ao (enésimo) episodio comparativo entre políticos e redes sociais.

Na información sobre as celebracións do Día de Galicia / Día do Santiago / Día do suxeito político antes coñecido como nación galega (moita gracia me fixo o comentario de Iván) houbo un espazo adicado ás celebracións que os principais líderes políticos españois adicaron á festividade galega (reproducidos a continuación)

 

 

Non sabía que a felicitación que poidan estender os líderes políticos puidesen ser nova, pero o que me deixou realmente pampo foi o “ranking” que propuña o locutor:

“A estas horas, va ganando con una ligera ventaja el tuit de Pablo Iglesias”.

En serio, dez anos despois de tuiter, aínda estamos así? contando favoritos e número de retuits para comprobar quen “vai gañando” nunha mensaxe nesta rede social?

Dende logo, as redes sociais non son o paradigma da horizontalidade na comunicación, pero o tratamento distorsionado que se percibe dende os medios, herdeiro dunha tradición simplista e cuantitativa da percepción da realidade, é moi discutible. 

Gañar, non gaña ninguén, cando non hai nada polo que competir. Pero se cada un quere inventar o seu propio podio da influencia social baseado en números e correlacións espurias, que o faga. 

Sobran “homes de negocios” e faltan “Principiños”. Tamén na comunicación.

Como curiosidade, si disfrutei de cómo o locutor descibiu os emojis. “Un símbolo del puño cerrado y una ola”. Levar a comunicación visual á comunicación radiofónica é complicado, ás veces. E os emojis son algo tan novidoso para os medios anteriores á postmodernidade…

 

Clef two-factor authentication