Dende onte, e “coincidindo co día das letras galegas e o día de internet” (vaia casualidade, va que si 😉 o concello de Castrelo do Val ten nova web e pásase ao dominio .gal.

A anterior web foi, posiblemente, un dos meus primeiros proxectos “serios”, aló polo ano 2008. Era unha web moi completa, multilingüe, feita en joomla.

Pero xa hai anos que non traballo en joomla, xa so traballo con WordPress (*nota metal, creo que teño que explicar o porqué no blog), e aproveitando as circunstancias, decidiron mudar todo: web, arquitectura, funcionalidades e dominio.

Castrelodoval.gal é a primeira web da comarca de Monterrei que asume como propio o domino .gal para a súa presenza en internet. Hai outros concellos que redirixen o .gal a un .es ou similar, pero non é o que establece a normativa.

Aproveitando o cambio a WordPress, tamén lle dei unha volta á arquitectura da información e á usabilidade da web. Agora é posible consultada de xeito sinxelo en dispositivos móbiles (que para iso a  meirande parte dos temas de WordPress son responsive).

Algunhas cousas das que me sinto orgulloso deste proxecto

Aínda que non están obrigados, publican as actas da Xunta de Goberno Local e dos plenos celebrados (esto último si que é obrigatorio).

Publícase o arquivo das revistas municipais que edita o concello. Lamentablemente, dende o número 14, pero se consigo as anteriores, xa as dixitalizarei.

Cada unha das localidades do Concello (16 en total) conta con espazo propio onde poder consultar algunhas fotografías e información sobre o lugar. Velaquí o meu pobo!

A “Estela de Pedra Alta” xa ten un curruncho na web (que é mellorable, si, pero é un primeiro paso!).

Mantéñense todas as informacións de transparencia que se viñan publicando con regularidade, a información económica, contratos públicos.

Para o caso, unha web na que estiven traballando nos últimos meses e da que me sinto moi orgulloso!