Imaxina que, ao longo da túa vida, tes unha canción favorita.

Imaxina que entre todas esas cancións favoritas, hai unha especial, a que é a canción da túa vida.

Imaxina que, cando descubriches esa canción, ESA canción; o grupo que a tocaba xa pasara a mellor vida.

Imaxina que vives nos recordos, atrapado nunha ensoñación adicta da que so podes escapar engadindo ecos dun pasado distante: buscas gravacións, maquetas, concertos nos que se tocou esa canción, máis concertos… Gotas de felicidade que intentan suplir a carestía que provoca a súa ausencia.

Cando me decatei de que “llanto de pasión” era A canción, xa era tarde. Non podo datar o momento con exactitude; so lembro que era unha tarde primaveral dos anos noventa, posiblemente cando estaba en 2º de BUP. Para entón xa sabía que Manolo García camiñaba en solitario, que Quimi Portet tiraba definitivamente pola música en catalán, e que non escoitaría nunca a El Último de la Fila en directo.

Vin a Manolo García en directo en 2004, esperando que, dentro do seu repertorio, se acordase do seu glorioso pasado como Los Burros, Los Rápidos e, sobre todo, como El Último de la Fila.

En 2015 anuncia un recopilatorio; atractivo movemento marketiniano para o nadal dos que naceron nos setenta. E mesmo gravan de novo A canción, aínda que aseguran que El Último de la Fila nunca volverá.

E en maio de 2016 volvín a ver a Manolo García en directo. Despois de seis discos, tiña repertorio para un bo concerto en directo, e así foi. Dúas horas de concerto cos seus mellores temas… en solitario.

2016-05-08 00.08.18

Imaxina que nos bises dese concerto escoitas o primero acorde da canción da túa vida. Esa canción que durante anos sabías que non poderías escoitar en directo, esa canción que nin seguera formaba parte dos temas que gardaba no peto para os nostálxicos

Imaxina que estás con miles de persoas, pero ao teu lado tes Á persoa.

Imaxínalo?

Se es capaz de imaxinalo, es capaz de vivilo. Podes crerme

Clef two-factor authentication