Estes días vin unha das novas máis estúpidas que atopei sobre investigación en redes sociais.

Las palabras más tuiteadas por los candidatos a la presidencia (by Verne)

Os datos veñen de Kantar, pero a interpretación, que brilla pola súa ausencia… pois iso.

Así que decidín facer eu algo parecido con outros datos.

Cos nosos datos, c #onosoderbi.

Case 5000 tuits capturados entre o sábado 22 pola mañá e o luns 24 pola mañá (unhas 48h de datos). O partido celebrouse o sábado 22 ás 22:05h.

Como a captura se fixo en base a un hashtag (#onosoderbi), o primeiro que quixen saber é que outros hashtags aparecen con máis frecuencia na mostra analizada. onosoderbihashtags

A concentración de hashtags é altísima; os 20 primeiros supoñen arredor de tres cuartas partes da participación na mostra (76%) como amosa a seguinte gráfica (usuario, volume de participación e % de participación

Captura de pantalla 2015-11-24 a las 10.06.45

E se atendemos aos usuarios participantes? Mellor que medir o volume de participación dos mesmos, gústame máis medir cánto se fala deles. Velaquí os usuarios máis mencionados / retuiteados da mostra analizada, onte futbolistas e entrenadores resultan – como é lóxico – os usuarios máis relevantes.

Captura de pantalla 2015-11-24 a las 10.15.47

Ollo! o software non interpreta o guión baixo (_) así que corta usuarios como “sda” + “victor” ou “aspas10″+”oficial”, por exemplo.

E, para finalizar, o volume de participación en relación co tipo de tuit, que demostra a alta reactividade da plataforma (ou a baixa proactividade). Case todo son retuits; é máis sinxelo retuitear que adoptar unha actitude proactiva e escribir un tuit enteiro.

Captura de pantalla 2015-11-24 a las 10.25.13

Qué rigor científico ten este artigo? Ningún.

Pero xa hai tempo que non falo de Social Media, e quería compartir convosco un gran día para o fútbol galego, con independencia do resultado.

Ah! E, se queredes fedellar un rato, aquí vos deixo o dataset en formato TXT

Clef two-factor authentication