Seguro que moitos de vós traballades con dúas pantallas nas vosas casas. Se non o facedes, non deberíades seguir lendo. Facédevos cun segundo monitor e comprobade como aumenta a vosa procastinación produtividade. En serio, de segunda man hai opcións excelentes para ter un bo segundo monitor por uns 30€, non fai falla que merquedes un monitor do trinque.

No entanto, é pouco habitual empregar o segundo monitor en posición vertical. Na miña opinión é un erro, e vou a argumentarvos o porqué.

Motivo 1, polo espazo que perdedes en posición horizontal. Esta posición so merece a pena para ver vídeos, porque case todos o software se aproveita mellor en formato vertical: os documentos de word… poder ver unha páxina enteira…. tooooooda a web… bota contas do espazo non aproveitado que tes agora mesmo, mentras les estas liñas.

Non fai falla subliñar que, se es programador, as bondades son aínda maiores.

Motivo 2. Vai ao motivo 1. É máis que suficiente.

Algúns consellos:

  • Fíxate na resolución. Mínimo que a que sexa “xxxx x 900”. Eses 900 faranche falta para ver as webs completas. E posiblemente teñas que baixar a proporción do navegador até o 90%.
  • É interesante que teña, alomenos, dúas entradas de vídeo. O normal é manter VGA e ter tamén HDMI; nunca sabes qué podes conectar tamén a ese trebello!
  • A base debería permitir a rotación para poder mudar entre a posición horizontal e a vertical sen problema (igual nalgún momento queres ver unha película 🙂