Levo tanto tempo sen escribir no blog que podería declaralo oficialmente morto. Por iso me dá tanta carraxe compartir esta publicación.

Tampouco é que teña nada especialmente relevante que contar; últimamente a miña vida móvese entre papers, libros e ideas que, erradamente, penso que son miñas para finalmente descubrir que outro o pensou antes ca min; e aínda por riba plasmouno nun libro.

A semana pasada tropecei cun fragmento do principiño. Foi por casualidade, nunha conta de tuíter das andazas do Principiño, un libriño que todos deberíamos ler sendo adultos (nunca nenos), e varias veces na vida.

Precisamente, sobre adultos era o tuit. E busquei o parágrafo enteiro

A los adultos les gustan los números. Cuando uno les habla de un nuevo amigo, nunca preguntan sobre lo esencial. Nunca te dicen: “Cómo es el sonido de su voz ? Cuáles son los juegos que prefiere ? Colecciona mariposas ?” Te preguntan: “Qué edad tiene ? Cuántos hermanos tiene ? Cuánto pesa ? Cuánto gana su padre ?” Sólo entonces creen conocerlo. Si uno dice a los adultos: “Vi una bella casa de ladrillos rosas, con geranios en las ventanas y palomas en el techo…” no logran imaginársela. Hay que decirles: “Vi una casa de cien mil francos.” Entonces exclaman: “Qué lindo!

Adoito pensar que a ciencia tamén é coma os adultos; todo o que pode ser cuantificable é digno de ter en conta. Quizáis por iso é máis facil medir o impacto das redes sociais en termos de retuits, mencións, número de veces marcados como favorito… unidades que poden contarse unha a unha.

Mesmo os algoritmos; un concepto tan de moda nos nosos días. Fórmulas matemáticas que permiten tanto recomendarche música en Spotify como suxerirche novos amigos no Facebook, O algoritmo, ese ente case deificado (a pesar de que, ao estar feito por man humana, tamén é sesgado e traizoeiro).

Á ciencia non lle interesan as propiedades cualitativas, salvo que se poidan cuantificar. E iso en moitos eidos, como a física, as matemáticas, a química, bioloxía… é posible. Pero para o eido humanístico non é suficiente.

Fuximos da tradición interpretativa, do espírito crítico que non pode rebaterse con cifras, e rebaixamos a un segundo nivel as humanidades. Non é a primeira batalla que perdemos os de letras; o marketing é unha disciplina asociada ás ciencias empresariais, e na informática caro nos custa equiparar o papel da comunicación sobre outros aspectos técnicos.

E mentres sigamos tentado combater a ciencia dos números coas letras dos números… seguiremos dando a guerra por perdida.

Tampouco se me ocorren solucións, que queredes que vos diga! Tan so reforzar o espírito crítico e pensar que os números non o explican todo.

Para rematar, propóñovos unha pequena proba: pensade, durante trinta segundos (e sen mirar o móbil nin o ordenador) en dous ou tres usuarios de tuíter que admiredes ou que dalgún xeito vos causen verdadeiro impacto. Ou mellor: pensade nos últimos tres tuits que lembredes anteriores ao día de hoxe.

Está? Pois agora podedes entrar en twitonomy e comprobade se eses usuarios están no voso top de usuarios que máis veces retuiteades ou mencionades.

E se coinciden, deixádeme un comentario para refutar a miña hipótese.

Clef two-factor authentication