Con este pequeno post quero facer unha pequena homenaxe á actividade dos partidos políticos en Twitter durante a celebración da campaña electoral (8 – 24 de maio) das eleccións municipais 2015.
Esta (moi) pequena análise é únicamente cuantitativa, e non ten absolutamente ningún obxectivo senón amosar canta foi a actividade dos partidos políticos no Tuíter durante estas dúas semanas.

Táboa 1.- Datos dos partidos políticos  con fecha de fin de eleccións (25 de mayo de 2014)

partidos_galegos

Fonte: elaboración propia

E na seguinte táboa temos a diferenza entre a actividade dos partidos políticos ao inicio e ao fin da campaña electoral.

Táboa 2.- Crecimiento actividad durante la campaña electoral (8-25 de maio)

resultados_twitter_campanha

Fonte: elaboración propia.

Algunhas conclusións?

  • Os partidos con menor representación institucional son os que fan un maior esforzo en comunicación (posiblemente porque nada teñen que perder). Así, Compromiso por Galicia, UPyD e Podemos Galicia son as contas que máis información compartiron.
  • Os partidos tradicionais con maior representación son os que menos se implicaron nesta campaña (posiblemente porque teñen máis que perder cá gañar). Así, PSdeG e PPdeGalicia, os dous principais partidos, están na segunda metade da táboa por orde de número de publicacións.
  • AGE, como coalición de partidos no Parlamento de Galicia, pouco se moveu nas municipais.
  • Podemos, BNG e ANova son as formacións que máis seguidores gañaron durante a campaña.
  • A relación entre esforzo (número de chios) e beneficio (número de seguidores) de Compromiso por Galicia ou UPyD é absolutamente insignificante. Todo o contrario que no caso de AGE ou Ciudadanos Galicia.
  • TEGA incrementou – e moito – o seu índice Klout, aínda que é ben certo que era o máis baixo. De feito, é un momento no que este índice adoita a subir, como se ve no gráfico, e so descendeu na única conta que non se mobilizou en campaña: AGE.

Sobre o aspecto cualitativo non vou a falar; non é o tema deste post, máis foi interesante observar como actuaban nesta rede social. En termos xerais, houbo dúas correntes: os que apoiaron aos candidatos locais e empregaron a conta como marca paraugas de toda a actividade municipal, e os que fixeron unha campaña personalista baseada no lider do partido.

Se lle botades intuición, poderedes adiviñar quen fixo o que.

Clef two-factor authentication