imagesCantas veces quixeches facer un gráfico sobre unha táboa de datos e non o fixeches por preguiza? Pois aquí van un par de recursos para minimizar esa preguiza (se é posible).

Folla de cálculo

É a solución máis sinxela; se temos os datos (e non temos internet) podemos crear o gráfico en calquera das ferramentas de folla de cálculo máis empregadas (microsoft excel, openoffice, libreoffice…)

Generador de gráficos

Con conexión a internet, esta ferramenta permite elabrorar sinxelos gráficos, con posibilidade de subir un arquivo csv para poder crear máis rapidamente o gráfico. O que menos me gusta é que non podedes gardar o gráfico para posteriores edicións. Pola contra, non precisa de rexistro previo

Datawrapper

É a ferramenta máis profesional; con posibilidade de gardar os arquivos xerados na túa conta (previo rexistro) e poder editalos noutro momento. Tamén permite a importación de arquivos .csv e mesmo xera un iframe para incrustar na túa web o traballo. Esta, sen dúbida, é a miña opción favorita, xa que o resultado visual é moi agradable. Será por iso polo que o empregan algúns xornais (como Praza).

E as fontes?

As miñas favoritas (sobre todo cando precisedes contrastar os datos que aparecen na prensa diaria) son:

Bonus track para lacazáns: sempre podedes mirar en Porcentual se teñen a gráfica que precisades. Ollo, citade sempre as fontes!

Clef two-factor authentication