Finalmente, e despois de 4 anos, mudei de teléfono e sistema operativo. O meu iPhone (que posiblemente pasou a mellores mans) xa non era o que viña sendo en tempos. As 3,5 polgadas de pantalla quedábanseme un chisco curtas, e tiven unha boa ocasión para cambiar de teléfono, polo que me lancei ao mundo android. 

20130722_211737O escollido foi o que vedes na imaxe, un Xperia ZL, curmán do buque insignia de Sony (mesmas características excepto polo da resistencia ao po e á auga que tanto lle gustan a algúns).

A migración a android, para os que usamos mac no móbil e no escritorio, non é tan sinxela como parece.

Aínda que Sony desenvolveu unha aplicación para mudar os datos de iphone a android (que falla coma unha escopeta de feira, pero a poder de probar, acaba sincronizando) non acabo de mudar todos os datos coa claridade coa que eu contaba.

O universo iOs é máis limitado, pero estéticamente máis bonito, fluído e intuitivo. Aínda que supoño que este comentario non é o máis imparcial, coido.

Encántame do teléfono:

  • A súa pantalla: máis nitida, grande
  • A cámara. Segue a ser un móbil, pero a definición é espectacular. Tanto a cámara traseira como a dianteira (situada na parte de abaixo do terminal, e encántame) son estupendas.
  • O led de notificacións. Algo que levaba anos pedíndolle a iphone. Por fin. E está moi, moi logrado (tedes que velo, en fotos non é tan bonito como parece)
  • O sistema musical de sony. Importa as carátulas dos álbumes, o son é nítido… mellora con moito a iOs, e iso que aínda non sei como sincronizalo con itunes (programa ao que NON boto para nada de menos)
  • O NFC. Teño un altofalante pequeniño que se conecta a el con so tocalo. É incrible!!!

Coido que é mellorable noutros aspectos

  • Ten a batería máis potente do mercado ( 2.370 mAh) e so fai un día de uso intensivo, a pesares do xenial sistema stamina de Sony.
  • O rendemento do teléfono. 4 núcleos, si, pero na fluidez non é tan bo coma un galaxy S2 (o último do que tiven referencia de uso). A actualización a 4.2.2 ralentiza o teléfono, se o sei quedo coa 4.1.2
  •  O altafalante interno. O de iphone é moito mellor. Con diferenza.
  • A aplicación de contactos e teléfono. Vaia, podía amosar (somo Samsung) se os contactos teñen whatsapp, linkedin, tuíter… creo que coxea moito a aplicación de sony para a xestión de contactos)

 

Non sei o que durarei como androide, pero de momento (despois dunha semana), e pese a todo, non me arrepinto do cambio.

 

Clef two-factor authentication