Había tempo que me apetecía escribir sobre Spotify. Non o fixen antes porque perdín interese nel. De ser un programa indispensable, pasou ao máis escuro ostracismo na miña carpeta de aplicacións… e creo que lles pasou o mesmo a moitos usuarios.

Spotify é ese programa que, para os amantes da música, é insdispensable alomenos probar con calma.

A pesares das súas sonadas ausencias (The Beatles, sen ir máis lonxe), a facilidade de uso, o software específico para cada plataforma (que me perdoen los linuxeiros, que debían utilizar vine), así como a súa compartibilidade en redes sociais favoreceu a súa rápida expansión.

Non obstante; música gratis… ás discográficas non lles chistou o conto. Exprimen a máis non poder este tipo de servizos, obrigando a unha monetización máis agresiva do habitual. Se xa os anuncios chegaban a ser un pouco pesados, a súa campaña polo “premium” (onde aspiraban a conseguir un 10% de usuarios de pago para que a empresa fose rendible) foi demasiado agresiva.

A política de prezos non axudou. O prezo de servizo era os mesmos para España que para Finlandia (entre outros), cando o poder adquisitivo non é o mesmo, e 10€ mensuais foron unha cifra que psicolósicamente non sentou nada ben.

A campaña a prol do premium foi bastante positiva, con invitacións de proba gratuíta (7 días, un mes…) para que descubrísemos as vantaxes de non ter publicidade e poder ter a música no móbil. Era unha idea estupenda, coa que todos soñabamos, pero que se viu mermada pola dependencia da nube en torno aos operadores de telefonía e as súas patéticas limitacións de megas.

spotifail2Pero na súa procura da rentabilidade foron máis alá. Intentaron impoñer o premium cortando as ás da versión free. O límite horario de reproducción mensual fixouse en 10 horas e so se permitiron 5 reproduccións por canción. Sobre todo esto último, foi a debacle (aló por maio de 2011), polo que non tardaron en saír alternativas (xa existentes) que se popularizaron entre o público.

De entre elas, e habendo incluso produtos españois, eu quédome con Grooveshark. Deseñada en html5 e cun algoritmo de recomendación de cancións realmente potente (supoño que o uso de “likes” por parte dos usuarios permitiu afinar ese algoritmo) conquistoume como usuario. A migración dende spotify é sinxela con ferramentas de conversión de listas como groovylists.

Ademais, e dende hai moitos meses, é accesible dende móbiles a través da súa versión web, podendo escoitar os seus temas dende dispositivos portátiles. Eu descubrín esto estando cuns amigos en Italia.

Agora Spotify disque está a barallar a posibilidade de chegar gratis aos móbiles…. e eu pregúntome se o tren chegará tarde, porque dende hai meses, en Spotify alguén perdeu a agulla que sinala o norte…

 

BONUS TRACK – Por certo, podedes probar a versión web de Spotify a través desta ligazón (vía Genbeta)