Lía hai uns días unha nova sobre a morte do RSS (lmento non enlazala, non a atopo agora mesmo) que me deixaba bastante preocupado. Sempre fun usuario dos RSS, sobre todo dos blogues que máis me gustan, e o lector de feeds é un dos programas que máis utilizo tanto no ordenador coma no meu terminal móbil.

Por iso, e aproveitando que tiña algo de tempo libre, decidín facer un experimento coa miña terra e a información que nela se verte. Froito dese experimento naceu

http://noticiasverin.es

Noticias Verín é un portal de novas da comarca de Monterrei que aglutina a información do que se publica na rede en torno as concellos da comarca, ben sexa nas súas webs oficiais, ben sexa na Región (o xornal máis lido na comarca) ou na rede, en xeral, sobre o que aparece sobre eses concellos.

Esta web está elaborada con wordpress aproveitando todas as súas bondades, incluídas as potencialidades que ofrece o RSS.

Ah, e se tes interese en anunciarte, pois xa sabes con quén tes que falar: comigo

Actualización 25/07
Eis o artigo sobre a morte do RSS que me fixo reflexionar sobre o tema!