Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei

· Actualización de contidos da web do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei

· Redeseño da plantilla adaptada ás necesidades do portal e arquitectura da información proposta polo Consello Regulador.

· Redacción de novos contidos estáticos do portal.

· Xestión documental do apartado de noticias, con novas dende o ano 2008 ata a actualidade.

· Implementación dunha galería fotográfica

· Implementación de vídeos e apertura de conta en Vimeo

A web está baseada no CMS: CMSimple, un cms moi curioso que precisa de PHP para o seu funcionamento pero non fai uso de MySQL, o que o convirte nun candidato interesante para aqueles que non queiran pelexar con bases de datos.

No entanto, ao ser tan minimal, é moi simple e carece de funcionalidades básicas que teñen outros como wordpress ou joomla. A comundade de desenvolvedores tamén é máis reducida, se ben podemos atopar interesantes plug-ins.